En atlanTTic quixéramos incorporar persoal posdoutoral novo que realizara a súa tese noutra institución distinta da Universidade de Vigo e queira desenvolver a súa carreira investigadora da man do noso equipo coa solicitude das Ayudas para contratos Juan de la Cierva da AEI.
Se cumples os requisitos da convocatoria, únete a nós e poderás desenvolver un traballo ilusionante nas liñas de investigación que sentarán as bases para as solucións tecnolóxicas do futuro:
- Redes B5G e comunicacións sen fíos
- Fotónica e microelectrónica integradas
- Sistemas aeroespaciais e de defensa
- Servizos electrónicos e intelixentes
- Cloud, edge, sistemas embebidos e IoT
- Seguridade e privacidade
- Criptografía e comunicacións cuánticas
As persoas interesadas poden contactar con nós enviando un correo electrónico co asunto “JCIERVA-26” a personal@atlanttic.uvigo.es para comezar o procedimento interno da UVigo, que pode ser consultado na seguinte ligazón: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1949. A UVigo presentará unha instancia de solicitude xunto cunha relación de investigadoras e investigadores candidatos.
Prazo AEI persoas participantes (cumplimentación formulario): – ás 14:00 h.
Prazo AEI atlanTTic/UVigo (sinatura e presentación solicitude): – ás 14:00 h.
Únete a atlanTTic e impulsa a túa carreira, agardámoste!