REFERENCIA DA OFERTA 1426-190608
| Data inicio solicitudes | 05/11/2026 |
| Data fin solicitudes | 18/11/2026 |
Contrato indefinido.
Traballo a realizar:
Deseño mecánico e prototipado industrial para sistemas electrónicos.
Funcións a realizar:
- Deseñar solucións mecánicas para equipos electrónicos e sistemas avanzados, transformando requisitos en compoñentes e conxuntos fabricables.
- Desenvolver modelos 3D, planos e documentación técnica mediante SolidWorks.
- Realizar simulacións estruturais con HyperMesh ou ferramentas equivalentes para validar e optimizar os deseños.
- Fabricar, montar e validar prototipos mediante fabricación aditiva e outras técnicas de prototipado.
- Colaborar cos equipos de hardware, firmware e software na integración dos sistemas, resolvendo incidencias e mellorando o deseño.
- Seleccionar materiais, compoñentes e procesos de fabricación, coordinándose con provedores durante o desenvolvemento.
*En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS
Titulación requirida: Grao ou enxeñería técnica en Deseño Industrial ou similar
Retribución bruta mensual: 2.350,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte ligazón:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 14/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN