O centro de investigación atlanTTic preselecciona unha persoa para solicitar unha axuda de Persoal Técnico de Apoio (PTA) para o perfil PRAZA 4 – Técnica/o de apoio para a divulgación e comunicación para a sociedade.
IMPORTANTE: a contratación da persoa seleccionada estará condicionada á concesión da axuda solicitada pola Universidade de Vigo.
Requisitos:
a) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións (data límite obtención 10 de decembro):
1º Titulación universitaria: Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao, Máster, Diplomatura, Enxeñaría Técnica ou Arquitectura Técnica.
2º Titulación no marco da formación profesional do sistema educativo: Técnico Superior.
b) Non estar disfrutando a 2/10/2026 nin disfrutar en data posterior, dun contrato cofinanciado polas axudas concedidas por esta actuación en convocatorias anteriores.
c) Non estar vinculada laboralmente coa Universidade de Vigo entre o 10 e o 17 de decembro de 2026, ámbolos dous días incluídos.
Características do contrato:
Duración: 3 anos.
Retribución bruta anual: 25.400 € (persoas tituladas universitarias), 21.200 € (persoal tituladas como Técnico/a Superior).
Tramitación da candidatura:
Encher o formulario de declaración de interese e presentalo mediante o procedemento SRHI_Solicitude de axudas PTA_2026 dirixida ao Servizo de Recursos Humanos de Investigación, a través da sede electrónica da Universidade de Vigo accesible neste enlace https://sede.uvigo.gal/ ata o 26 de novembro.
O formulario debe vir acompañado da documentación que se indica nel, entre ela o CVA que debe ser necesariamente o modelo que se ofrece na páxina da convocatoria: modelos de solicitude de PTA
Podes consultar toda a información na seguinte ligazón: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1956