Universidade de Vigo

Cifrado cuántico e tecnoloxía de redes cuánticas. Ref. 1126-184085

REFERENCIA DA OFERTA 1126-184085

Data inicio solicitudes 09/09/2026
Data fin solicitudes  22/09/2026 

Duración do contrato: Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Desenvolvemento e implementación de sistemas avanzados de comunicación cuántica para a distribución cuántica de chaves (QKD) sobre redes de fibra óptica. Prestarase especial atención á seguridade da implementación, incluíndo a caracterización experimental de dispositivos prácticos, a verificación das hipóteses teóricas de seguridade en condicións reais de funcionamento e a análise de vulnerabilidades de seguridade derivadas das imperfeccións dos dispositivos e das limitacións propias da implementación.

Funcións a realizar:

Funcións a desempeñar. As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:

  • Lectura de literatura científica no ámbito das comunicacións cuánticas e dos sistemas de distribución cuántica de chaves (QKD).
  • Implementación de novos sistemas de comunicación cuántica en fibra óptica e compatibles con comunicacións en espazo libre.
  • Deseño e implementación de tarxetas electrónicas para o sistema.
  • Simulación do comportamento do protocolo nunha canle de fibra óptica.
  • Caracterización e integración no sistema dos compoñentes ópticos, é dicir, láseres, detectores de fotón único, etc.

Titulación requirida: Grao ou Mestrado en Física, Matemáticas ou Enxeñaría.

Retribución bruta mensual: 3.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN