Universidade de Vigo

Comunicacións Cuánticas. Ref. 0326-174473

REFERENCIA DA OFERTA 0326-174473

Data inicio solicitudes  04/03/2026
Data fin solicitudes  17/03/2026

Contrato indefinido.

Traballo a realizar: Analizar a seguridade dos protocolos cuánticos de distribución de claves na presenza de imperfeccións.

Funcións a realizar:

  • Ler literatura científica na área das comunicacións cuánticas e sistemas de distribución cuánticos de clave.
  • Modelización matemática dos sinais cuánticos emitidos por un transmisor en presenza de imperfeccións introducidas polo láser e/ou os moduladores de intensidade e fase.
  • Analizar no réxime finito a seguridade destes sistemas ante a presenza de tales imperfeccións.
  • Realizar simulacións numéricas sobre o rendemento (é dicir, a taxa de clave secreta fronte a distancia) destes sistemas en función da magnitude das imperfeccións.
  • Escribir artigos científicos.

Titulación requirida: Grao ou mestrado en Física, Matemáticas ou Enxeñaría

Retribución bruta mensual: 3.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 03/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN