Universidade de Vigo

Comunicacións Cuánticas. Ref. 1426-190232

REFERENCIA DA OFERTA 1426-190232   

Data inicio solicitudes  05/11/2026
Data fin solicitudes  18/11/2026 

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Desenvolvemento de modelos, ferramentas de simulación e bancos de probas para ligazóns de comunicacións ópticas en espazo libre entre estacións terrenas e satélites en órbita baixa (LEO), abranguendo a canle atmosférica, a dispoñibilidade da ligazón por nubosidade e a rede de estacións terrenas ópticas.

Funcións a realizar:

  • Desenvolver un simulador de propagación óptica en turbulencia atmosférica con efectos operacionais (ángulo de adianto, imperfeccións do transmisor e do receptor, ruído e recepción coherente) e xerar con el un conxunto de datos de referencia.
  • Avaliar técnicas de aprendizaxe automática para a corrección dixital da fronte de onda e a súa viabilidade en hardware embarcado (FPGA/SoC).
  • Desenvolver ferramentas de propagación orbital e de análise meteorolóxica (ERA5) para predicir a dispoñibilidade da ligazón por nubosidade.
  • Implementar un motor de balance de ligazón óptica para analizar a diversidade de estacións terrenas e optimizar a planificación de pasos.
  • Participar na posta en marcha dunha estación terrena óptica portátil de laboratorio (seguimento, aliñamento e apuntamento).
  • Coordinarse con grupos externos e documentar e difundir os resultados.

Titulación requirida: Mestrado Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación.

Retribución bruta mensual: 2.284,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 14/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN