Universidade de Vigo

Depuración e anotado de gravacións e texto para adestrar algoritmos de aprendizaxe máquina en asistentes por voz. Ref. 2524-141878

REFERENCIA DA OFERTA 2524-141878

Data inicio solicitudes  12/11/2024
Data fin solicitudes  18/11/2024

Contrato de duración determinada: 6 meses

Traballo a realizar:

Depuración e anotado de gravacións e texto para adestrar algoritmos de aprendizaxe máquina en asistentes por voz.

Funcións a realizar:

A persoa contratada contribuirá á adquisición, anotación e mantemento de bases de datos de habla e texto empregando técnicas semiautomáticas basadas en IA.

Titulación requirida: Graduado en Enxeñaría

Retribución bruta mensual: 934,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 20 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 25/24  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN