Universidade de Vigo

Deseño e desenvolvemento SW/HW para sistemas TIC en contorna naval. Ref. 1226-185123

REFERENCIA DA OFERTA 1226-185123

Data inicio solicitudes  17/09/2026
Data fin solicitudes  30/09/2026

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Apoio no desenvolvemento de HMI avanzadas con Svelte, integradas con servizos backend e sistemas distribuídos mediante NATS e APIs.

Funcións a realizar:

Apoio nas seguintes tarefas:

  • Deseñar e desenvolver interfaces HMI modernas para sistemas avanzados, participando na definición da arquitectura, UX e evolución técnica do frontend.
  • Desenvolver aplicacións web con Svelte/SvelteKit e TypeScript, creando compoñentes reutilizables, robustos e eficientes.
  • Integrar o HMI con servizos backend, APIs e sistemas distribuídos mediante REST, NATS, JSON e outras tecnoloxías de comunicación.
  • Desenvolver visualizacións e interaccións con datos en tempo real, atendendo a criterios de rendemento, usabilidade e seguridade.
  • Participar na depuración, probas, integración e despregamento das solucións en contornas Linux e contenerizadas.
  • Colaborar cos equipos de backend, sistemas e ciberseguridade na integración do produto.
  • Participar puntualmente en desenvolvementos móbiles ou backend e propoñer solucións técnicas que melloren a arquitectura e experiencia de usuario.

En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS

Titulación requirida: Bacherelato/FP2 tecnológico, informática, electrónica, comunicaciones o similar.

Retribución bruta mensual: 2.175,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 12/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN