Universidade de Vigo

Deseño mecánico de sistemas de comunicación naval. Ref. 1426-190608

REFERENCIA DA OFERTA 1426-190608    

Data inicio solicitudes  05/11/2026
Data fin solicitudes  18/11/2026 

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Deseño mecánico e prototipado industrial para sistemas electrónicos.

Funcións a realizar:

  • Deseñar solucións mecánicas para equipos electrónicos e sistemas avanzados, transformando requisitos en compoñentes e conxuntos fabricables.
  • Desenvolver modelos 3D, planos e documentación técnica mediante SolidWorks.
  • Realizar simulacións estruturais con HyperMesh ou ferramentas equivalentes para validar e optimizar os deseños.
  • Fabricar, montar e validar prototipos mediante fabricación aditiva e outras técnicas de prototipado.
  • Colaborar cos equipos de hardware, firmware e software na integración dos sistemas, resolvendo incidencias e mellorando o deseño.
  • Seleccionar materiais, compoñentes e procesos de fabricación, coordinándose con provedores durante o desenvolvemento.

*En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS

Titulación requirida: Grao ou enxeñería técnica en Deseño Industrial ou similar

Retribución bruta mensual: 2.350,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 14/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN