REFERENCIA DA OFERTA 1426-189940
| Data inicio solicitudes | 05/11/2026 |
| Data fin solicitudes | 18/11/2026 |
Contrato indefinido.
Traballo a realizar:
Deseño de algoritmos de determinación e control de actitude (ADCS) para satélites da constelación CIC.
Funcións a realizar:
Apoio nas seguintes tarefas:
- Analizar os requisitos de orientación e estabilidade de actitude, as prestacións de sensores e actuadores e as restricións operativas do ADCS.
- Desenvolver modelos dinámicos e cinemáticos de actitude do satélite, incorporando perturbacións ambientais, sensores e actuadores para simulación.
- Deseñar e implementar algoritmos de estimación de actitude e velocidade angular a partir de medidas simuladas dos sensores dispoñibles.
- Deseñar, axustar e comparar algoritmos de control de actitude para adquisición, mantemento e seguimento de referencias, considerando saturación e limitacións dos actuadores.
- Verificar mediante simulacións os algoritmos ADCS en escenarios nominais e perturbados, avaliar indicadores de precisión e resposta transitoria, e documentar resultados e interfaces.
Titulación requirida: Bacharelato
Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 20 h/semana
Consulta toda a información no seguinte ligazón:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 14/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN