REFERENCIA DA OFERTA 1126-184548
| Data inicio solicitudes | 09/09/2026 |
| Data fin solicitudes | 22/09/2026 |
Duración do contrato: Contrato indefinido.
Traballo a realizar:
Desenvolvemento de ferramentas avanzadas de simulación electromagnética para o modelado e análise de sistemas complexos.
Funcións a realizar:
- Desenvolver e optimizar ferramentas de simulación electromagnética para a resolución de problemas complexos de radiación, dispersión e propagación.
- Implementar e validar métodos numéricos avanzados, especialmente técnicas de diferenzas finitas no dominio da frecuencia, elementos finitos e métodos híbridos baseados en ecuacións integrais.
- Desenvolver modelos full-wave para materiais compostos, estruturas periódicas e metamateriais.
- Deseñar software científico en C++, optimizando algoritmos para arquitecturas multinúcleo e clústers de computación de altas prestacións (HPC).
- Validar os resultados mediante comparación con solucións analíticas, simuladores comerciais datos experimentais.
- Documentar os desenvolvementos realizados e colaborar na evolución das ferramentas de simulación empregadas nos proxectos de investigación.
**En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS
Titulación requirida: Grao, Mestrado ou Enxeñaría do ámbito tecnolóxico, informática, electrónica, comunicacións ou similar.
Retribución bruta mensual: 2.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte ligazón:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN