Universidade de Vigo

Enxeñaría de sistemas, deseño de equipamentos e verificación de sistemas de comunicacións para exploración lunar. Ref. 1426-189302

REFERENCIA DA OFERTA 1426-189302    

Data inicio solicitudes  05/11/2026
Data fin solicitudes  18/11/2026 

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Enxeñaría de sistemas para a definición e verificación do sistema de comunicacións COSLE.

Funcións a realizar:

Apoio nas seguintes tarefas:

  • Recoller, analizar e consolidar requisitos de misión e sistema, mantendo a súa coherencia e trazabilidade.
  • Desenvolver o deseño preliminar e a arquitectura funcional do sistema, así como as especificacións dos subsistemas.
  • Definir e documentar as interfaces e os protocolos de comunicación entre subsistemas e co segmento terreo.
  • Colaborar na estratexia de integración, na análise de riscos e na planificación das probas de sistema e subsistemas.
  • Preparar e revisar documentación técnica de misión, deseño, interfaces e verificación, e participar en revisións técnicas.

Titulación requirida: Bacharelato

Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 20 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 14/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN