Universidade de Vigo

Enxeñaría de Sistemas e AIV. Ref 2125-168657

REFERENCIA DA OFERTA 2125-168657

Data inicio solicitudes 20/11/2025
Data fin solicitudes 03/12/2025

Contrato indefinido

Traballo a realizar:

Desenvolvemento dunha liña de investigación en tecnoloxías espaciais, con especial énfase en Space Logistics, incluíndo o deseño de solucións técnicas e metodolóxicas aplicables a futuras misións espaciais.

Funcións a realizar:

  • Análise e definición de subsistemas e arquitecturas loxísticas espaciais, garantindo a trazabilidade de requisitos e a coordinación técnica.
  • Desenvolvemento de ferramentas software e contornos de simulación e monitorización relacionados con operacións loxísticas en misión.
  • Apoio a tarefas de enxeñaría de sistemas no marco de misións espaciais, contribuíndo á validación e verificación funcional de solucións loxísticas.
  • Participación en actividades de AIV/AIT, incluíndo ensaios ambientais e coordinación técnica con socios e organismos espaciais.
  • Deseño e creación de prototipos e bancos de probas para a avaliación de tecnoloxías habilitadoras en loxística espacial.

Titulación requirida: Enxeñería, grao en aeroespacial ou similar

Retribución bruta mensual: 1.900,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral:  30 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 21/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN