REFERENCIA DA OFERTA 1126-184384
| Data inicio solicitudes | 09/09/2026 |
| Data fin solicitudes | 22/09/2026 |
Duración do contrato: Contrato indefinido.
Traballo a realizar:
Deseño, desenvolvemento, implementación e validación experimental dun novo sistema de comunicacións ópticas para contornas submarinas. A investigación centrarase en retos técnicos clave relacionados cas comunicacións opticas submarinas.
Funcións a realizar:
- Montaxe e aliñamento dun banco de probas dun sistema óptico de comunicacións submarinas en tanque de auga. Integración de todos os dispositivos ópticos no tanque de auga.
- Caracterización do tanque de laboratorio en diferentes condicións de operación, simulando distintas condicións do medio mariño.
- Realización de probas de transmisión óptica OOK con diferentes receptores, APDs e PMT.
- Ensaios en diferentes lonxitudes de onda.
- Implementación dunha montaxe xemelga nas instalacións de Navantia en Madrid, posta a punto da mesma e incorporación de melloras respecto ao sistema inicial desenvolvido en Vigo.
- Deseño dun sistema fotónico integrado en chip que cumpra cos requisitos e condicións de operación obtidos como resultado dos experimentos de laboratorio.
Titulación requirida: Mestrado en Fotónica, Óptica, Enxeñaría Eléctrica, Física ou unha disciplina afín, con especialización en fotónica integrada, PICs, tecnoloxías cuánticas ou áreas relacionadas. Requírese fluidez en inglés para a colaboración internacional de PIXEurope e competencia escrita e oral en español.
Retribución bruta mensual: 2.300,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte ligazón:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN