Universidade de Vigo

Fotónica integrada. Ref. 0726-178556

REFERENCIA DA OFERTA 0726-178556

Data inicio solicitudes  21/05/2026
Data fin solicitudes  03/06/2026

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Apoio técnico en deseño fotónico para o WP4 de PIXEurope: simulación de circuítos integrados, desenvolvemento de compoñentes, elaboración de layouts e creación de modelos compactos para PDKs

Funcións a realizar:

  • Desenvolvemento e documentación de metodoloxías de deseño para circuítos fotónicos integrados (PICs), incluíndo fluxos de deseño compatibles con WP4 Design e Design Kits/PDKs.
  • Deseño, simulación e optimización de compoñentes e circuítos fotónicos integrados mediante ferramentas de CAD/layout, EDA e simuladores fotónicos/mode solvers.
  • Contribución á creación, validación e actualización de modelos compactos e librarías de compoñentes para a súa integración en Design Kits/PDKs.
  • Soporte técnico a actividades de layout, tape-out, regras de deseño, documentación técnica e coordinación con socios e foundries do consorcio PIXEurope.
  • Seguimento técnico de tarefas, preparación de achegas para informes, identificación de riscos técnicos e apoio ao aliñamento das actividades da UVIGO co plan de traballo do proxecto.

Titulación requirida: Doutoramento en Enxeñaría de Telecomunicación, Ciencias Físicas ou titulación afín

Retribución bruta mensual: 3.083,33 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 07/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN