Universidade de Vigo

Implantación dun novo sistema QKD, para comunicación por fibra. Ref. 1025-151957

REFERENCIA DA OFERTA 1025-151957

Data inicio solicitudes  12/05/2025
Data fin solicitudes  23/05/2025

Contrato de duración determinada: 3 meses

Traballo a realizar:

Implantación dun novo sistema QKD, para comunicación por fibra, que por un lado necessita menos caracterización e, por outro, segue sendo práctico e ofrece prestacións similares o estado da arte.

Funcións a realizar:

  • Ler literatura científica no campo da comunicación cuántica e sistemas de distribución de claves cuánticas (QKD).
  • Implantación do novo sistema QKD en fibra.
  • Deseño e implantación de tarxetas electrónicas para o sistema.
  • Simulación do comportamento do protocolo nunha canle de fibra.
  • Caracterización e implantación no sistema dos compoñentes ópticos, é dicir, láser, detectores de fotón único, etc…

Titulación requirida: título universitario de Grado preferiblemente nas áreas de Física, Óptica, Matemáticas, ou Enxeñería.

Retribución bruta mensual: 2.250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 10/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN