REFERENCIA DA OFERTA 2125-168682
| Data inicio solicitudes | 20/11/2025 |
| Data fin solicitudes | 03/12/2025 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar:
A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para desenvolver tarefas de investigación en seguridade e privacidade en algoritmos de aprendizaxe cooperativa.
Funcións a realizar:
- Estudo da bibliografía sobre temas relacionados con ataques á privacidade e mecanismos de defensa de algoritmos de aprendizaxe cooperativa.
- Desenvolvemento de novos algoritmos de ataques á privacidade e a seguridade e algoritmos de defensa en escenarios de aprendizaxe cooperativa.
- Implementacións, probas e avaliación de resultados.
- Redacción dun artigo científico.
Titulación requirida: Grao en Telecomunicacións, Informática, Matemática ou similar
Retribución bruta mensual: 1.803,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 21/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN