REFERENCIA DA OFERTA 0626-177904
| Data inicio solicitudes | 07/05/2026 |
| Data fin solicitudes | 20/05/2026 |
Contratación indefinida.
Traballo a realizar:
Deseño e desenvolvemento de sistemas backend avanzados con integración de IA e Seguridade
Funcións a realizar:
- Liderar o deseño e evolución de solucións software ao longo de todo o ciclo de vida.
- Deseñar e desenvolver compoñentes software robustos, escalables e reutilizables, promovendo boas prácticas de enxeñaría e estándares de calidade.
- Analizar requisitos complexos e traducilos en solucións técnicas eficientes, incorporando cando proceda capacidades de IA aplicada para mellorar o comportamento e a intelixencia das aplicacións.
- Definir e aplicar estratexias de seguridade a nivel de sistema e aplicación (protección de APIs, control de accesos, validación e mitigación de riscos).
- Avaliar, seleccionar e integrar novas tecnoloxías co obxectivo de mellorar produtos existentes e desenvolver novas capacidades.
- Impulsar a adopción de boas prácticas e tecnoloxías emerxentes en ámbitos como software, IA e ciberseguridade dentro do equipo.
- Supervisar e garantir a calidade técnica das solucións, así como a correcta documentación, trazabilidade e validación dos desenvolvementos.
- En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS.
Titulación requirida: Grao ou equivalente: enxeñería Informática, Telecomunicación, Matemáticas ou similar
Retribución bruta mensual: 2. 916,67 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte ligazón:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 06/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN