Universidade de Vigo

Optimización da execución de aplicacións en contornas de sistemas de comunicacións navais. Ref. 0826-180321

REFERENCIA DA OFERTA 0826-180321

Data inicio solicitudes  04/06/2026
Data fin solicitudes  17/06/2026

Contratación indefinida.

Traballo a realizar:

Deseño e desenvolvemento de sistemas backend avanzados con integración de IA e seguridade.

Funcións a realizar:

  • Liderar o deseño e evolución de solucións software ao longo de todo o ciclo de vida.
  • Deseñar e desenvolver compoñentes software robustos, escalables e reutilizables, promovendo boas prácticas de enxeñaría e estándares de calidade.
  • Analizar requisitos complexos e traducilos en solucións técnicas eficientes, incorporando cando proceda capacidades de IA aplicada para mellorar o comportamento e a intelixencia das aplicacións.
  • Definir e aplicar estratexias de seguridade a nivel de sistema e aplicación (protección de APIs, control de accesos, validación e mitigación de riscos).
  • Avaliar, seleccionar e integrar novas tecnoloxías co obxectivo de mellorar produtos existentes e desenvolver novas capacidades.
  • Impulsar a adopción de boas prácticas e tecnoloxías emerxentes en ámbitos como software, IA e ciberseguridade dentro do equipo.
  • Supervisar e garantir a calidade técnica das solucións, así como a correcta documentación, trazabilidade e validación dos desenvolvementos.
  • En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS.

Titulación requirida: Grao ou equivalente: enxeñería Informática, Telecomunicación, Matemáticas ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.916,67 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 08/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN