Universidade de Vigo

Optimización da execución de aplicacións en contornas de sistemas de comunicacións navais. Ref. 1226-185127

REFERENCIA DA OFERTA 1226-185127

Data inicio solicitudes  17/09/2026
Data fin solicitudes  30/09/2026

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Apoio no deseño, despregamento e operación de infraestruturas Linux modernas.

Funcións a realizar:

Apoio nas seguintes tarefas:

  • Deseñar, despregar e manter plataformas Linux para soportar aplicacións distribuídas, contedores e servizos de misión crítica.
  • Administrar Docker, Kubernetes e outras tecnoloxías cloud-native, automatizando
  • despregamentos e operación mediante Ansible, Python, Bash ou ferramentas equivalentes.
  • Integrar redes, almacenamento, virtualización e servizos de infraestrutura garantindo dispoñibilidade, rendemento e seguridade.
  • Resolver incidencias complexas de sistemas, rede e integración, analizando a causa raíz e propoñendo solucións técnicas.
  • Colaborar cos equipos de software, firmware e hardware durante o despregamento e evolución das plataformas.
  • Participar na incorporación de novas tecnoloxías relacionadas con Linux, DevOps, observabilidade e ciberseguridade aplicada.

En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS

Titulación requirida: Bacherelato/FP2 tecnológico, informática, electrónica, comunicaciones o similar.

Retribución bruta mensual: 2.750,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 12/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN