Universidade de Vigo

Optimización hardware para comunicacións e computación eficiente. Ref. 1126-184544

REFERENCIA DA OFERTA 1126-184544

Data inicio solicitudes 09/09/2026
Data fin solicitudes  22/09/2026 

Duración do contrato: Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Deseño e desenvolvemento de sistemas electrónicos avanzados.

Funcións a realizar:

  • Deseñar sistemas electrónicos completos, definindo a arquitectura hardware, seleccionando compoñentes e elaborando esquemas electrónicos conforme aos requisitos do proxecto.
  • Deseñar PCBs multicapa, realizando simulacións, revisións e optimizacións orientadas á integridade de sinal, alimentación, EMC e fabricabilidade.
  • Realizar a posta en marcha (bring-up), depuración e validación funcional de prototipos mediante instrumentación electrónica de laboratorio.
  • Definir e executar plans de validación, ensaios funcionais e de fiabilidade, analizando e resolvendo as incidencias hardware.
  • Colaborar cos equipos de firmware, software e mecánica durante a integración e evolución dos produtos, facilitando a validación conxunta do sistema.
  • Elaborar a documentación técnica do deseño, participar na relación con fabricantes e provedores e contribuír á incorporación de novas tecnoloxías e melloras de produto.

**En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS

Titulación requirida: Grao ou enxeñería técnica Electrónica, Industrial, Telecomunicación ou similar.

Retribución bruta mensual: 3.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN