Universidade de Vigo

Procesos de validación de sistemas embebidos HW. Ref. 0626-177907

REFERENCIA DA OFERTA 0626-177907

Data inicio solicitudes  07/05/2026
Data fin solicitudes  20/05/2026

Contratación indefinida.

Traballo a realizar:

Deseño, desenvolvemento e evolución de sistemas embebidos avanzados e escalables

Funcións a realizar:

  • Liderar o deseño e desenvolvemento de firmware e sistemas embebidos, definindo solución eficientes adaptadas a contornos con restricións (tempo real, recursos, consumo).
  • Desenvolver compoñentes software robustos, reutilizables e escalables, garantindo boas prácticas de enxeñaría.
  • Definir e supervisar estratexias de validación e testing, incluíndo análise de resultados e verificación en contornos reais.
  • Analizar incidencias complexas, identificar causas raíz e propoñer solucións que aseguren a estabilidade do sistema.
  • Integrar novas funcionalidades, incluíndo IA aplicada en edge (procesamento de sinal, inferencia local).
  • Aplicar criterios de seguridade en sistemas embebidos (comunicacións, control de accesos, validación).
  • Avaliar tecnoloxías e garantir a calidade, documentación e trazabilidade dos desenvolvementos.
  • En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS.

Titulación requirida: Mestrado ou equivalente: licenciatura ou enxeñería Informática, Telecomunicación, Matemáticas ou similar

Retribución bruta mensual: 3.500,00€ (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 06/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN