Universidade de Vigo

Procesos de validación de sistemas embebidos HW. Ref. 1226-185126

REFERENCIA DA OFERTA 1226-185126

Data inicio solicitudes   17/09/2026
Data fin solicitudes  30/09/2026

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Desenvolvemento de firmware e sistemas embebidos Linux (Kernel e drivers).

Funcións a realizar:

  • Deseñar e desenvolver firmware e software de baixo nivel para sistemas embebidos baseados en microcontroladores e procesadores ARM, participando activamente na implementación do código e na evolución da arquitectura software.
  • Participar no bring-up de novas plataformas hardware, integrando firmware, bootloaders, kernel Linux e controladores de dispositivo.
  • Desenvolver drivers, servizos e librerías en C para a comunicación con periféricos e buses industriais (SPI, I2C, UART, Ethernet…).
  • Depurar incidencias de baixo nivel empregando instrumentación e ferramentas de análise, colaborando cos equipos de hardware durante a validación das placas.
  • Optimizar rendemento, consumo e robustez do software, documentando as solucións desenvolvidas.
  • Participar na evolución da arquitectura software e na incorporación de novas tecnoloxías para sistemas embebidos.

En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS

Titulación requirida: Grao ou enxeñería técnica en Informática, Telecomunicacións, Matemáticas ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 12/26 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN