REFERENCIA DA OFERTA 1426-190611
| Data inicio solicitudes | 05/11/2026 |
| Data fin solicitudes | 18/11/2026 |
Contrato indefinido.
Traballo a realizar:
Desenvolvemento de firmware e sistemas embebidos Linux (Kernel e drivers).
Funcións a realizar:
- Deseñar e desenvolver firmware e software de baixo nivel para sistemas embebidos baseados en microcontroladores e procesadores ARM, participando activamente na implementación do código e na evolución da arquitectura software.
- Participar no bring-up de novas plataformas hardware, integrando firmware, bootloaders, kernel Linux e controladores de dispositivo.
- Desenvolver drivers, servizos e librerías en C para a comunicación con periféricos e buses industriais (SPI, I2C, UART, Ethernet…).
- Depurar incidencias de baixo nivel empregando instrumentación e ferramentas de análise, colaborando cos equipos de hardware durante a validación das placas.
- Optimizar rendemento, consumo e robustez do software, documentando as solucións desenvolvidas.
- Participar na evolución da arquitectura software e na incorporación de novas tecnoloxías para sistemas embebidos.
*En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS.
Titulación requirida: Grao ou enxeñería técnica en Informática, Telecomunicacións, Matemáticas ou similar
Retribución bruta mensual: 2.750,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37,5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte ligazón:
CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 14/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN