Universidade de Vigo

Ramón y Cajal 2025

Desde atlanTTic  queremos incorporar investigadoras e investigadores posdoutorais para que poidan desenvolver a súa propia investigación e obter unha posición estable, traballando nun equipo de prestixio que colabora con outros centros de I+D e empresas de referencia internacional.

Solicita con nós as Axudas para contratos Ramón y Cajal 2025 da AEI e poderás desenvolver a túa investigación en calquera das seguintes liñas ou asimilables:

  • Redes B5G e comunicacións sen fíos
  • Fotónica e microelectrónica integradas
  • Sistemas aeroespaciais e de defensa
  • Servizos electrónicos e intelixentes
  • Cloud, edge, sistemas embebidos e IoT
  • Seguridade e privacidade
  • Criptografía e comunicacións cuánticas

Non dubides en contactar con nós enviando un correo electrónico co asunto “RyC 2025” a personal@atlanttic.uvigo.es

Prazo de solicitude AEI:  –  ás 14h

Podes consultar o proceso interno da UVigo para presentar unha declaración de interese en acoller persoal investigador doutor seleccionado aquí, con data de fin de solicitudes o 21/11/2025.

Únete a atlanTTic e impulsa a túa carreira, agardámoste!