Universidade de Vigo

Sistemas de comunicacións espaciais de defensa baseados en tecnoloxía UAS e satélite. Ref. 0726-179004

REFERENCIA DA OFERTA 0726-179004

Data inicio solicitudes  21/05/2026
Data fin solicitudes  03/06/2026

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Desenvolvemento de Enxeñaría de Sistemas para o proxecto de Constelación Canaria

Funcións a realizar:

  • A persoa seleccionada será responsable de executar e coordinar a enxeñaría de sistemas no proxecto CIC, incluíndo:
  • Definición e mantemento dos requisitos (SRS), garantindo a súa trazabilidade e métodos de verificación.
  • Desenvolvemento da arquitectura do sistema (SAD), orzamentos (masa, potencia, etc.) e árbore de produto.
  • Elaboración do Concepto de Operacións (ConOps) e definición de modos e escenarios.
  • Xestión de interfaces (ICD) asegurando compatibilidade técnica.
  • Planificación e seguimento da verificación e validación (V&V), incluíndo probas.
  • Xestión da configuración (CMP), control de cambios e versións.
  • Identificación e mitigación de riscos.
  • Elaboración da documentación técnica conforme a estándares ECSS.
  • Coordinación técnica entre equipos, participación en revisións do proxecto e apoio ao aseguramento de calidade.

Titulación requirida: Grao en Enxeñaría de Telecomunicación

Retribución bruta mensual: 1.900,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 30 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 07/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN