Universidade de Vigo

Sistemas tolerantes a fallos en contorna naval. Ref. 1126-184542

REFERENCIA DA OFERTA 1126-184542

Data inicio solicitudes 09/09/2026
Data fin solicitudes  22/09/2026 

Duración do contrato: Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Deseño, desenvolvemento e documentación de software avanzado de backend/frontend.

Funcións a realizar:

  • Deseñar e desenvolver solucións software avanzadas, desde a arquitectura ata a validación final, empregando Go, Svelte e tecnoloxías modernas de backend, frontend e sistemas.
  • Desenvolver APIs, servizos distribuídos e interfaces de usuario, integrando hw, sensores, comunicacións, IA e infraestruturas Linux.
  • Participar na definición técnica das solucións, avaliando novas tecnoloxías e propoñendo arquitecturas robustas, escalables e seguras.
  • Aplicar principios de Secure Software Development, CI/CD, probas automatizadas e boas prácticas de desenvolvemento e ciberseguridade.
  • Colaborar cun equipo multidisciplinar de enxeñeiros participando na integración, depuración e despregamento das solucións desenvolvidas.
  • Manter unha aprendizaxe continua en software, sistemas Linux, IA e ciberseguridade, incorporando tecnoloxías innovadoras aos proxectos cando acheguen valor.

**En caso de ser necesario as candidaturas deberán cumprir os requisitos para solicitar o seu HPS

Titulación requirida: Grao ou enxeñería técnica en Telecomunicacións, Informática, Matemáticas ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte ligazón:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/26 PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN