Universidade de Vigo

Curso FormaTTic: Marco legal de la IA en Europa

Datas e horarios:

22/10/2025 – 16:00 a 18:30 h

23/10/2025 – 16:00 a 18:30 h

29/10/2025 – 17:00 a 19:30 h

30/10/2025 – 17:00 a 19:30 h

Imparte: Dolores Abuin
Modalidade: En liña, a través de Campus Remoto
Idioma: Español

INSCRÍBETE NESTE CURSO

Obxectivos do curso

Este curso ofrece unha guía práctica sobre o Regulamento de Intelixencia Artificial (RIA) da UE. O seu propósito é desmitificar unha normativa complexa e facela accesible, mostrando o seu impacto real en empresas, profesionais e persoas usuarias.

Ao longo de catro módulos, o curso permitirache:

  • Comprender o panorama regulador europeo e global.

  • Identificar os distintos niveis de risco nos sistemas de IA (prohibido, alto, limitado, mínimo).

  • Analizar o impacto dos modelos de propósito xeral e o papel dos organismos de supervisión.

  • Coñecer o réxime sancionador e as súas implicacións en ciberseguridade e obrigas legais.

Sobre a poñente

Dolores Abuin é avogada especializada en Intelixencia Artificial e transformación dixital. Participa como experta independente na elaboración do Código de Boas Prácticas da Comisión Europea e da Oficina Europea da IA, e colabora en proxectos de investigación de Google.org e OdiseIA. Ademais, combina esta labor coa creación de contidos educativos en GlobalCobots e Skiller Academy.