O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebrará o luns 16 de setembro de 2024 a xornada “Do 5G ao 6G: avances, desafíos e oportunidades”.
Esta xornada reunirá a persoal experto para debater sobre a transición da tecnoloxía 5G á futura era 6G. Nela abordaranse temas como os fundamentos e características do 6G, o estado actual do despregamento 5G, o impacto da intelixencia artificial nas futuras redes de comunicacións e a eficiencia enerxética, entre outros temas.
A xornada incluirá unha primeira parte con presentacións a cargo de persoal investigador de atlanTTic e unha mesa redonda con expertos de referencia na que se amosarán casos de uso específicos.
INSCRÍBETE
PROGRAMA:
APERTURA:
Martín Llamas Nistal. Director do Centro de Investigación atlanTTic.
PARTE I: CHARLA INTRODUTORIA (9:00 – 11:00)
- Introdución (por Ana Vázquez Alejos e Felipe Gil Castiñeira).
- IA en redes 5G/6G (por Carles Antón-Haro).
- Integrated Sensing and Communications (por Joerg Widmer).
- 5G Broadcast (por Germán Martín).
- 5G Advanced, o paso definitivo cara o 6G (por Alejandro Alonso Portero).
- Conclusións e sesión de preguntas.
COFFEE-BREAK (11:00 – 11:30)
PARTE II: MESA REDONDA (11:30 – 13:30)
Casos de uso: Trials and Pilots.
Participan:
- Carles Antón-Haro. Director de Programas Europeos & Contratos Industriais en CTTC.
- Joerg Widmer. Profesor e Director de Investigación en IMDEA Networks España.
- Alejandro Alonso Portero. Experto en Innovación Tecnolóxica e Evolución de Rede de Telefónica.
- Germán Martín. Application Engineer de Rohde & Schwarz España.
- Modera: Ana Vázquez Alejos. Investigadora de atlanTTic e docente da E.E. de Telecomunicación (UVigo).
MODALIDADE: Presencial, no Salón de Graos, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, ou en liña, a través de Campus Remoto.
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente neste formulario.