Universidade de Vigo

Alba Castro, José Luis

Alba Castro, José Luis
Catedrático/a de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-205

José Luis Alba Castro doutorouse en Enxeñaría de Telecomunicacións en 1997 pola Universidade de Vigo. Desde 1998 é profesor Titular do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (TSC) e desde 2012 Catedrático na mesma área. Os seus intereses en investigación céntranse no recoñecemento de patróns e algoritmos de aprendizaxe, así como no procesado de imaxe e vídeo. Interésanlle as aplicacións destas disciplinas e desenvolveu proxectos principalmente en identificación biométrica de persoas, sistemas de axuda á condución, aplicacións de imaxe médica e control de calidade mediante visión artificial. Respeto a súa produción científica, ten máis de 100 artigos de investigación en revistas e congresos internacionais, 30 proxectos e contratos con empresas e administracións, 7 teses dirixidas e 3 patentes. José Luis foi Director do Departamento TSC de 2010 a 2014 e Director do de Área de Transferencia da UVigo de 2014 a 2018. É tamén editor asociado da revista EURASIP é co-fundador da spin-off relEYEble.