Recibiu o título de Enxeñeiro de Telecomunicación en xuño de 1992 pola Universidade de Vigo e o de Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación en decembro de 2001 polo departamento de Teoria do Sinal e Comunicacións da mesma universidade. Desde 1992 ata 1994 traballou como enxeñeiro de proxectos no citado departamento. En 1994 foi contratado como profesor asociado, debido a que exerceu ata o ano 2008 no que obtivo a praza de Contratado Doutor que ocupa na actualidade. As súas liñas de investigación encádranse dentro do campo de procesado de sinal. Especializouse inicialmente en procesado de sinal en tempo real e en arquitecturas de procesado de sinal (DSPs). Posteriormente trasladou as súas investigacións á área de procesado de voz e en particular ao campo de recoñecemento automático de fala, no que realizou a súa tese de doutoramento. Na actualidade os seus intereses en investigación inclúen tamén a detección e clasificación automática de sons a partir de gravacións subacuáticas.