Enxeñeiro de Telecomunicación (esp. Telemática) (Novembro 2000) e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (Marzo 2007), ambos pola Universidade de Vigo. As súas principais liñas de investigación son as redes sen fíos, os sistemas multi-axente, as redes P2P, os sistemas recomendadores, os dispositivos persoais e os servizos móbiles. Publicou 18 artigos en revistas internacionais, máis de 35 artigos en conferencias internacionais, participou en dous libros e en catro capítulos de libro. Participou como membro do TPC de conferencias e na revisión de artigos en revistas internacionais. No ano 2008 realiza unha estancia na Universidade Católica de Leuven, Bélxica. Participou en diversos proxectos de investigación: Europeos, financiados polo plan Nacional de I+D+i, varios proxectos rexionais e proxectos con empresas, sendo investigador principal de varios deles.