Ramón C. Hermida é Catedrático e Director do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía (LBC, integrado en AtlantTIC), centro de referencia a nivel internacional en procesado de sinais biomédicos e desenvolvemento de estudos clínicos de cronoterapia. Despois de obter o título de enxeñeiro de telecomunicación (Universidade Politécnica de Madrid), foi investigador bolseiro pola Asociación Española Contra o Cancro na Facultade de Medicina da Universidade de Minnesota (USA), obtendo os títulos de Master en Patoloxía, Cronobioloxía e Estatística Aplicada, e posteriormente o seu doutoramento en Enxeñería Biomédica. O Prof. Hermida dirixiu máis de 70 proxectos de investigación en: monitoraxe ambulatoria da presión arterial (desenvolvemento de probas de diagnóstico, cronoterapia da hipertensión); obstetricia (prevención de hipertensión xestacional e preeclampsia); pediatría (crecemento; hiperlipidemia); neonatoloxía (risco vascular, morte súbita); cronoepidemioloxía (enfermidades parasitarias, transmisibles e infecciosas); oncoloxía (cancro de ovario e vexiga, cancro cérvico-uterino, cancro de mama). O Prof. Hermida é autor de 82 capítulos de libros e 281 artigos en revistas científicas; impartiu 256 conferencias por invitación; e recibiu 92 premios de investigación. Na actualidade é Presidente da International Society for Chronobiology (ISC) e Presidente da Sociedade Española de Cronobioloxía, Cronoterapia e Risco Vascular (SECAC).