
Fernando Machado recibiu o título de Enxeñeiro de Telecomunicación nas especialidades de Electrónica e de comunicacións pola Universidade de Vigo no ano 2000 e o título de Doutor pola mesma universidade no ano 2008. Actualmente é profesor no Departamento de Tecnoloxía Electrónica e membro do grupo de Comunicacións Dixitais e Instrumentación da Universidade de Vigo. Tamén é membro do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo desde 2016. Os seus intereses de investigación inclúen as redes de sensores, as comunicacións industriais, os sistemas de instrumentación e medida e os sistemas de comunicación inalámbrica, sendo a súa liña de investigación principal na actualidade a aplicación dos sistemas de instrumentación electrónica á medida e caracterización da canle radio.