
Licenciado como enxeñeiro mecánico e enxeñeiro aeroespacial pola Universidade Europea de Madrid, traballou en diferentes empresas de enxeñaría e desenvolvemento de software durante case 15 anos. Realizou o seu doutoramento no ano 2016 sobre o modelado de sistemas de micro-CHP e a súa aplicación a diversos tipos de vehículos. Desde o 2019 é profesor da Escola de Enxeñaría Aeroespacial.
A carreira investigadora do Dr. Rey céntrase nos sistemas de enerxía, ademais da realización de modelado e simulación dinámica de sistemas de propulsión.
Actualmente, investiga no campo das enerxías renovables aplicadas aos UAV e as súas instalacións, en colaboración co Dr. Ulloa. Tamén está desenvolvendo actividades de investigación en sistemas de control térmico de nanosatélites.