Catedrático do Departamento de Enxeñería Telemática e investigador do Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo. Recibiu o título de Enxeñeiro en Telecomunicación en 1989 pola Universidade Politécnica de Madrid e o de Doutor Enxeñeiro en Telecomunicación pola Universidade de Vigo en 1998. Traballou nas compañías españolas Indra e Amper, no desenvolvemento de sistemas encaixados. É un investigador especializado nas tecnoloxías de comunicación inalámbricas, sistemas encaixados e sistemas de tempo real, campos nos que publicou numerosos artigos en revistas e congresos internacionais. Participou en multitude de proxectos financiados en convocatorias da Unión Europea, autonómicas e do Plan Nacional de I+D+i, como o CENIT mIO! ou o proxecto integrado do Sexto Programa Marco BeInGrid. Foi investigador principal pola Universidade de Vigo nun número significativo dos devanditos proxectos, como o CENIT TelMAX coa empresa Indra, ou o proxecto E-IMRT II (Sistemas Avanzados de Planificación para radioterapia mediante Contornas de Computación), en colaboración con Gradiant e o CESGA, e financiado pola Xunta de Galicia.