Universidade de Vigo

Rodríguez Pérez, Miguel

Rodríguez Pérez, Miguel
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho BIO6

Miguel Rodríguez Pérez é Enxeñeiro de Telecomunicación desde 2001 e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo desde 2006. Na actualidade é titular na Universidade de Vigo, no Departamento de Enxeñería Telemática. A súa investigación céntrase na mellora das prestacións de tecnoloxías dos niveis de subred, rede e transporte da arquitectura da internet. En particular, na mellora dos mecanismos de control da conxestión, o desenvolvemento e análise de mecanismos de aforro enerxético en varias tecnoloxías de ligazón e en investigar novos protocolos de encamiñamento energéticamente eficientes. Froito deste traballo foi a publicación dunha trintena de artigos en congresos e revistas internacionais, a maioría delas cun alto índice de impacto no JCR.