Universidade de Vigo

Vázquez Alejos, Ana

Vázquez Alejos, Ana
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-304

Recibiu os títulos de Enxeñeira de Telecomunicación e Doutora en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade de Vigo,, en 2000 e 2006 respectivamente. O seu proxecto fin de carreira obtivo no 2002 o Premio Ericcson do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación na categoría de multimedia inalámbrica. No 2009 obtivo a bolsa posdoutoral Marie Curie Internacional Outgoing Fellowship coa cal realizou unha estadía no Klipsch School of Electrical and Computer Engineering da New Mexico State University (New México, EE.UU.), cunha investigación centrada na medición e caracterización da propagación a través dos medios dispersivos en frecuencia, e xeración de formas de onda e códigos de uso en tecnoloxía radar. O seu traballo de investigación inclúe a propagación radioeléctrica, sistemas de radiocomunicación, modelado da canle radio banda ancha, sistemas inalámbricos multimedia, deseño de forma de onda e códigos de ruído, e radar. É editora asociada e revisora de varias revistas do IEEE, IET, MDPI, Elsevier e de congresos.