Margarida obtivo un mestrado integrado en Física Teórica en 2017 pola University of Glasgow, Despois, incorporouse ao grupo do profesor Marcos Curty para cursar un doutoramento en Física, financiado pola Rede Europea de Formación Marie Skłodowska-Curie “Quantum Communications for ALL” (QCALL), defendendo a súa tese no 2021. En 2022, comezou unha estadía de posdoutoramento JSPS dun ano na Universisity of Toyama, no grupo do profesor Kiyoshi Tamaki. Desde 2023, é investigadora posdoutoral no VQCC. O seu principal interese de investigación está na implementación de seguridade da distribución de claves cuánticas.