Universidade de Vigo

Comprensión de la lengua de signos con aprendizaje profundo (DESIGN)

Ano: 2025

Investigador principal: José Luis Alba Castro; Laura Docío Fernández

Fonte financiación: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, Proyectos de generación de conocimiento

Período: 01/09/2025 - 31/12/2028

ID: PID2024-157855OB-C31

DESIGN ten como obxectivo desenvolver unha representación matemática da Lingua de Signos Española (LSE) que permita mellorar a súa comprensión automática e tradución mediante técnicas de intelixencia artificial. O proxecto desenvolverá modelos avanzados capaces de interpretar o significado das mensaxes no seu contexto, integrando grandes modelos de linguaxe (LLMs) e modelos visión-linguaxe (VLMs). Os resultados validaranse en tres casos de uso: a tradución en contornos médico-paciente, a xestión de citas médicas e a avaliación da aprendizaxe da LSE. Ademais, DESIGN impulsará novas técnicas de anotación automática e desenvolverá un recoñecedor de, polo menos, 2.000 signos que servirá como base para futuros sistemas de recoñecemento e tradución.