Universidade de Vigo

Plataforma de apoio a pacientes afectados por COVID persistente baseada en intelixencia artificial (COPERIA)

Ano: 2022

Investigador principal: Laura Docío Fernández

Fonte financiación: GAIN Xunta de Galicia. Programa Conecta COVID

Período: 01/01/2022 - 30/04/2023

ID: IN852D 2021/20

https://coperia.es/

COPERIA está dirixido ao desenvolvemento e validación clínica dunha plataforma multidisciplinar e integral baseada na intelixencia artificial para o diagnóstico, empoderamento, rehabilitación holística e personalizada, así como a xestión clínica de pacientes afectados por COVID persistente.

O equipo de atlanTTic participa co desenvolvemento de algoritmos de IA que permitan a explotación dos datos que se recollerán dos pacientes dos diferentes estudos, principalmente os seus datos clínicos, arquivos de voz, variabilidade cardíaca e condutancia dérmica. Elaborarase unha base de datos que albergará toda a información necesaria para o uso destes algoritmos e que permitirá ao persoal investigador o acceso directo aos datos que precisen.

O consorcio do proxecto complétase con Bahía Software S.L.U. , 10 METS S.L., imaxin|software e a Fundación Biomédica Galicia Sur.