
O proxecto ten por obxectivo desenvolver e explotar ferramentas innovadoras, apoiadas en vehículos aéreos non tripulados (UAVs ou “drones”), para o control remoto e a xestión da basura mariña nas zonas costeiras europeas.
Entre as actividades principais figuran o levantamento aéreo mediante cámaras de alta resolución (visible, multiespectral e térmica) de áreas costeiras ou illadas de difícil acceso, o procesamento da imaxe para detección e caracterización automática da basura mariña, e o deseño dun servizo tecnolóxico con potencial de explotación comercial.
Este enfoque permitirá ampliar geograficamente o ámbito de monitoraxe, reducir o esforzo de recollida en campo, mellorar as condicións de traballo e automatizar parte do proceso de identificación dos residuos, favorecendo medidas máis precisas de prevención e mitigación.