O proxecto EDIH-DATAlife está deseñado considerando o potencial e os retos futuros de Galicia, as capacidades actuais de I+D e as fortalezas tradicionais. O obxectivo é acelerar a transformación dixitalización, así, o consorcio formado por universidades, clústers sectoriais e grandes empresas traballarán xuntos creando unha economía xusta, verde e saudable adecuada para a era da información. A revolución dixital de alta calidade estará centrada nas persoas, as contornas nos que viven e o seu benestar. Isto lograrase aumentando a adopción de IA nas pemes e a administración pública con aplicacións fáciles de usar, creando espazos de datos colaborativos e federados, apoiando aos traballadores mediante a recuperación automática de datos con IoT, permitindo a competitividade co uso de HPC e protexendo os datos confidenciais coas últimas aplicacións europeas de ciberseguridade
EDIH-DATAlife está formado por un consorcio de 15 membros do ecosistema de innovación galego. Conta con institucións de investigación, científicas e centros tecnolóxicos (5 socios), clústeres sectoriais (5 socios), un centro de transferencia de coñecemento, dúas universidades e una empresa tractora. Representan a todos os axentes da demanda, a oferta e transferencia de tecnoloxía