FACENDO 4.0 ten como finalidade avanzar na investigación de novas solucións tecnolóxicas para a fábrica do futuro, o vehículo do futuro e a conectividade. Liderado polo fabricante de automoción Stellantis, completan o consorcio CTAG, Gradiant, Aimen e a Universidade de Vigo.
O persoal de atlanTTic participa no paquete de traballo relacionado coa conectividade, en concreto na automatización da xestión de recursos. O obxectivo é deseñar un sistema automatizado de asignación de recursos por network slicing, crear múltiples redes virtuais sobre unha infraestrutura física compartida común e dividir as arquitecturas de rede tradicionais en elementos virtuais vinculados a través de software, coa aplicación da tecnoloxía 5G no entorno da fábrica e do vehículo.