Universidade de Vigo

Fortalecimiento de los sistemas transfronterizos de prevención y extinción de incendios forestales y mejora de los recursos para la generación de empleo rural (FIREPOCTEP)

Ano: 2021

Investigador principal: Carlos Ulloa Sande

Fonte financiación: Fondos FEDER, Interreg POCTEP

Período: 01/05/2021 - 31/10/2023

ID: 0756_FIREPOCTEP_6_E

https://2007-2020.poctep.eu/pt-pt/2014-2020/fortalecimiento-de-los-sistemas-transfronterizos-de-prevenci%C3%B3n-y-extinci%C3%B3n-de-incendios

Proxecto de colaboración transfronteiriza entre España e Portugal que busca reforzar os sistemas comúns de prevención e extinción de grandes incendios forestais. Os seus resultados servirán para analizar o impacto do cambio climático e a adaptación mediante a prevención e xestión de paisaxes expostas a grandes incendios en zonas rurais transfronteirizas mediante a xestión da paisaxe agrosilvopastoril.
A actividade dirixida desde atlanTTic está enfocada a mellorar o funcionamento dos drons empregados nas tarefas de apoio á extinción de lumes nocturnos, afrontando o problema da intensidade luminosa das chamas para as cámaras térmicas. Desenvolverase  un sistema de axuda ao pilotaxe en condicións de lume nocturno baseado na superposición de imaxes cartográficas sobre as obtidas polas cámaras dos drons. Esta capa de asistencia será proporcionada por un sistema de información satelital, e poderá ser activada e desactivada polo piloto durante o voo.
O proxecto está formado por un consorcio de 21 beneficiarios e está liderado pola Xunta de Andalucía da Consellería de Agricultura, Gandería, Pesca e Desenvolvemento Sostible.