Universidade de Vigo

Lean and Agile Practices Linking Engineering Higher Education to Industry (LEAP)

Ano: 2016

Investigador principal: Manuel Caeiro Rodríguez

Fonte financiación: Unión Europea, Erasmus+

Período: 01/09/2016 - 30/10/2018

http://leapproject.eu/

Este proxecto céntrase en achegar aos estudantes de enxeñaría as prácticas emerxentes “lean” e “agile” que a industria emprega actualmente, co fin de favorer a súa transición ao mundo profesional. 
Entre as principais liñas de traballo está o desenvolvemento de xogos serios (serious games) educativos que simulaban contornas industriais, nas que o alumnado ten que deseñar solucións eficientes, reducir despilfarro de recursos e adaptar procesos segundo as necesidades dos clientes. 
Tamén se crearon contidos dixitais e guías para docentes, co obxectivo de apoiar a integración destas metodoloxías innovadoras nos seus programas.
O proxecto conta con universitarios en Grecia, Portugal, España, Estonia e Reino Unido como ámbitos de validación.