Universidade de Vigo

Promotion of rural museums and heritage sites in the vicinity of European pilgrimage routes (rurALLURE)

Ano: 2021

Investigador principal: Martín López Nores

Fonte financiación: Unión Europea, H2020-SC6-TRANSFORMATIONS-2020

Período: 01/01/2021 - 31/12/2023

ID: 101004887

https://cordis.europa.eu/project/id/101004887

https://rurallure.eu

O proxecto céntrase en ampliar as experiencias das persoas que percorren os principais roteiros de peregrinaxe europea, permitíndolles o acceso á oferta cultural das áreas rurais próximas como museos e sitios de patrimonio a través de ferramentas tecnolóxicas e estratexias de innovación.

Á súa vez, isto permitirá a estas rexións, que se enfrontan a importantes desafíos económicos e demográficos, beneficiarse do tránsito de peregrinos. Tamén se traballará para identificar brechas e obstáculos, así como mellores prácticas e campos onde a investigación e a innovación poden desenvolver novas solucións para unha cooperación exitosa.

O consorcio deste proxecto complétase con 15 socios de diferentes institucións de España, Portugal, Hungría, Eslovaquia, Italia e Noruega, e tamén cunha serie de entidades asociadas.