Este proxecto persegue o avance da investigación no ámbito da aprendizaxe federada de confianza (descentralizada) – trusted (descentralized) federated learning, (D)FL – que aborda conxuntamente os retos de privacidade, seguridade e robustez dos sistemas de aprendizaxe distribuída combinando técnicas da teoría da información, o cifrado poscuántico e a computación criptocodificada e aprendizaxe automática de confrontación.
Ademais, e dado que os proxectos INCIBE tamén teñen unha importante vertente social, TRUFFLES propón algunhas actividades de difusión e sensibilización social.