
Este proxecto propón deseñar, desenvolver e validar unha metodoloxía pedagóxica apoiada nun entorno virtual colaborativo que simula o desenvolvemento dunha cidade, co obxectivo de integrar o Aprendizaxe Baseado en Problemas (PBL) na ensinanza da enxeñaría e ao mesmo tempo fomentar o interese pola enxeñaría entre estudantes de secundaria e FP. O entorno virtual actúa como plataforma na que tanto estudantes de secundaria como de educación superior traballan xuntos na resolución de desafíos de enxeñaría representados no contexto dunha cidade simulada, o que incentiva a aprendizaxe mediante xogos e simulacións e mellora competencias como o pensamento crítico, a resolución de problemas, a colaboración e a comunicación.