O obxectivo principal do proxecto é mellorar a calidade da vida dos estudantes que padecen estrés agudo, episódico e crónico, ansiedade e síntomas depresivos mediante o fomento da saúde mental e a inclusión social, o que aumentaría as súas posibilidades de desenvolverse coa normalidade na sociedade universitaria e evitaría a reaparición do trastorno. A aplicación de RV porase na práctica en forma de “chill spots” que os estudantes poderán utilizar como programa de adestramento para a relaxación durante unha urxencia. Os chill spots deseñaranse e colocaranse de forma que se elimine o ruido exterior e se aísle ao usuario do entorno real. A aplicación de RV deseñada creará un entorno multisensorial inmersivo que aplicará a terapia cognitivo-conductual e os modelos de desensibilización e reprocesamento dos movementos oculares e axustarase ás necesidades dos estudantes. Unha sesión de relajación durará uns 10 minutos, polo que será posible realizar durante un único descanso.
Virtual reality for anxiety and mental stress reduction in university students (VRxanny)
Ano: 2021
Investigador principal: Iñigo Cuiñas Gómez
Fonte financiación: Unión Europea, Erasmus +
Período: 01/11/2021 - 31/10/2023